Galiza politica
Line 52: Line 52:
 
[[Caciques]]
 
[[Caciques]]
   
[[Rexistro]]
+
[[Rexistro de Emigrantes Galegos]]
   
 
==Membros==
 
==Membros==

Revision as of 01:32, 7 December 2006

Banner1 candepalleiro

Sobre o logo | Páxinas novas XML | Subscribete con Bloglines | Quen somos | busca artigos

Benvido a Iniciativa "Can de Palleiro"

Trasfondo político e social

Galiza ven de sufrir unha serie de catástrofes naturais que depredaron fortemente a súa riqueza forestal e marítima. Tendo en conta que o mar e o monte son, xunto coa fala, a faciana da nosa cultura, os incendios e máis os vertidos constitúen un atentado directo á idiosincrasia galega. De seguirmos así, estarémonos a achegar, sen dúbida, cara unha inminente desaparición da nosa identidade como pobo.

Perante estes acontecementos, a cidadanía galega sentiuse abandonada polas institucións e manifestouse, organizouse e protestou; nunha resposta social sen precedentes. A clase política, mentres tanto, eludía a propia responsabilidade, inoperancia e imprevisión, alegando accidentes inevitables ou a existencia de hipotéticas conspiracións.

A Iniciativa "Can de Palleiro"

Neste marco social e político materialízase a iniciativa “can de palleiro”. Unha proposta ideada por científicos, artistas e emigrantes galegos, coma un espazo para o pensamento crítico construtivo, para a reflexión e denuncia da situación de Galiza.

A iniciativa Can de Palleiro é independente e está desvinculada de toda agrupación política, pero sitúase nas antípodas ideolóxicas do caciquismo e de correntes conservadoras. A iniciativa ten un formato indefinido e aberto a toda forma de expresión cultural, baseada na colaboración, na discusión e na difusión de ideas e proxectos.

Declaración de intencións

A iniciativa "Can de Palleiro" é a canle independente de expresión dunha emerxente xeración de galegos, protagonistas dun cambio social catalizado polos desastres do Prestige e do verán negro do 2006. Unha nova xuventude galega esperta, farta de conformismos e do asoballamento caciquil medieval.

É a materialización dun berro colectivo en contra dos asasinos da terra e dos depredadores do mar. A Iniciativa "Can de Palleiro" pretende soterrar á Galiza vella e submisa baixo a cinsa e o chapapote do que é a responsable.

A iniciativa "Can de Palleiro" é un espazo aberto para reclamar, protestar e denunciar actividades que atenten contra Galiza: o seu ecosistema, cultura e tradición. É tamén un lugar para a análise, a discusión e proposta de solucións e mais liñas de actuación alternativas. É tamén, sobre todo, un espazo para unha moi necesaria autocrítica.

Cómo participar

A iniciativa ten unha filosofia "WIKI", o que significa que calqueira pode rexistrarse, participar e expresarse.

Os artigos creanse como resultado da colaboración,

Podese colaborar editando as páxinas existentes e tamen comezar liñas de discusión novas.


Existen tamén liñas abertas de discusión para os


Todos os textos e imaxes que se consideren ofensivos e falten ó respeito das persoas seran inmediatamente borrados e eos seus responsables bloquedos. Cando se cite ou expoña información en contra dun particular, facilitarase un enlace a fonte orixinal da información, a ser posible que sexa dun medio de información contrastado.


  Estou traballando nisto (David)

Liñas abertas

Prestige

Lume

Universidade

Caciques

Rexistro de Emigrantes Galegos

Membros

  Se queres formar parte e colaborar, escribe a: candepalleiro "arroba" googlegroups.com

Doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, científico en Harvard University, Boston, Massachussets. [1]

Doutor en Física pola Cort University, UK.

Na actualidade, científico en Harvard University, Boston, Massachussets. [2]

  • Alejandro L. Nieto Gonzalez, Vigo.

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, admistrador de sistemas en Washington DC.

Licenciado en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, científico en Harvard University, Boston, Massachussets. [3]

Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, científico en Birmingham University, UK. [4]

  • Gustavo Grandal, Fene.

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade, bibliotecario en London University, UK. [5]