Galiza politica
Advertisement

www.cidadedacultura.es

A obra faraónica que nos deixou en erdanza o goberno anterior está a ser un dos quebradeiros de cabeza desta lexislatura. O feito de que, despois de comprometer unha grande parte dos presupostos adicados a cultura, se estea a discutir sobre súa utilidade cuestiona a capacidade dos políticos para administrar os impostos dos cidadans.

Esta páxina pretende recoller datos económicos sobre o proxecto, prazos, a adxudicación das obras asi como os posibles intereses políticos. Tamén nos interesa saber a opinión que che merece o novo proxecto. Tamén se abre aiqui a posibilidade de plantexar usos alternativos das instalacións.

Novas relaccionadas

Opinións

Comparte aiqui as opinións que che merece todo o que rodea este proxecto.

Adxudicación e Reinvención do Proxecto

A Consellería de Cultura serviouse da opinión de expertos no mundo da cultura en Galiza para a reestructuración de ideas no proxecto da Cidade da Cultura, abrindo diversos foros de opinión, cecais por falla de ideas ou por unha verdadeira vontade política. Ó certo e que, indudablemente, éste é o mellor método para cubrir as necesidades reais do mundo da cultura en Galiza: escoitar os que saben.

Eu propoño que en sucesivas ocasión, este proceso de consulta a expertos se realize a priori; antes da adxudicación de obras, do proxecto e dos orzamentos. Deste xeito garántese un mellor investimento dos impostos e das axudas europeas.

~~

Advertisement